Renal Canine

Indicacións:

Insuficiencia renal crónica (IRC).

Manexo das recidivas de urolitiasis que precisa alcalinización dos ouriños: urolitos de uratos e cistina.

Manexo das recidivas de urolitos de oxalato cálcico en cans coa función renal comprometida.

21,38 €
IVA incluido
Peso: 2 kg
Cantidade
Engadir á listaxe de desexos

Descripción

Indicacións:

Insuficiencia renal crónica (IRC).

Manexo das recidivas de urolitiasis que precisa alcalinización dos ouriños: urolitos de uratos e cistina.

Manexo das recidivas de urolitos de oxalato cálcico en cans coa función renal comprometida.

Contraindicacións:

Xestación, lactación, crecemento.

Pancreatite ou antecedentes de episodios de pancreatite.

Hiperlipidemia.

Especificacións

 

Duración do tratamento:

O tratamento dietético prescríbese por unha duración mínima de 6 meses, transcorrido este período será necesario valorar a continuación deste segundo o criterio veterinario. Cando a lesión renal afecta ás 3/4 partes dos riles, a enfermidade considérase irreversible manténdose unha terapia dietética de por vida.

Unha inxestión restrinxida de fósforo resulta esencial para frear o hiperparatiroidismo secundario que provoca un empeoramento da insuficiencia renal.

Os ácidos graxos de cadea longa omega 3 (EPA, DHA) axudan a limitar o descenso da velocidade de filtración glomerular (acción antiinflamatoria).

Os flavanoles (un tipo concreto de polifenois) teñen dous efectos principais: retardan o proceso oxidativo e fomentan a perfusión renal.

Un aumento da uremia pode inducir a formación de úlceras na mucosa gástrica e intestinal. A combinación da ceolita e os FOS minimizan este risco.

Información adicional:

Os cans con insuficiencia renal teñen menos apetito, polo que resulta indispensable un alimento con palatabilidad elevada. As croquetas de Renal Canine son doadas de mastigar, ata polos cans con xenxivite. Os cans con insuficiencia renal son xeralmente de idade avanzada: Renal Canine posúe un elevado contido en antioxidantes para poder loitar contra os radicais libres, cuxos efectos negativos aumentan coa idade.

Comentarios (0)
Non hai avaliacións das clientas polo momento.