Xampú Dermoscent Para Cans

Xampú fisiolóxico sen deterxentes e formulado con ingredientes activos 100% naturais que hidratan a epiderme, eliminan os malos olores e protexe a pel, para garantir unha completa saúde da pel da súa mascota

19,58 €
IVA incluido
Cantidade
Engadir á listaxe de desexos

Pode empregarse en todos os tipos de pelos e peles dos animais domésticos, mesmo naqueles animais coas peles máis sensibles e delicadas. Pode empregarse como xampú de uso frecuente.

Toda a gama de produto Dermoscent está elaborados polo laboratorio Dermoscent, o primeiro laboratorio dermocosmético francés especializado no coidado da pel das mascotas. Todos os produtos están fabricados baixo a supervisión de veterinarios especializados en dermatoloxía veterinaria e farmacéuticos expertos en formulación dermocosmética.

Essential 6 Xampú fisiolóxico está elaborado con ingredientes activo 100% naturais (aceites esenciais de romeiro, lavanda, melaleuca, cedro, ourego, aceites de cánabo e nim) elixidos pola súa gran pureza. É un produto impo alergénico que non contén deterxentes, con pH fisiolóxico e que pode usarse tan frecuentemente como se desexe. Tamén pode empregarse como complementario a outros tratamentos con xampús dermatolóxicos.

Grazas á acción conxunta dos ingredientes activos e os ácidos graxos polinsaturados esenciais sumado á actuación da súa escuma extra suave, Essential 6 Xampú fisiolóxico sen xabón consegue:

Limpar a pel e a pelaxe, eliminando eficazmente a sucidade e os axentes potencialmente alérgenos.
Eliminar os malos olores, achegando unha agradable fragrancia pero respectando o olor natural do animal.
Purificar a pel, protexer a película hidrolipídica, axudar a previr irritacións e manter unha óptima hidratación.
Reforzar as defensas naturais da pel.

Dispoñible en envases de 200 ml.

Comentarios (0)
Non hai avaliacións das clientas polo momento.