Xampú Dermocanis Uso Frecuente

 DERMOCANIS ® USO FRECUENTE é adecuado para todas as razas de cans e os seus cruzamentos

14,78 €
IVA incluido
Cantidade
Engadir á listaxe de desexos

Os xampús fisiolóxicos DERMOCANIS foron formulados por especialistas en dermatoloxía para a
hixiene habitual dos distintos tipos de pel e pelo caninos, respectando a fisioloxía dérmica e xeral
do animal.
Todos eles se caracterizan por:
. Incorporar deterxentes suaves cuxa eficacia limpadora respecta as condicións naturais da pel.
. Non conter perfumes.
. Non conter colorantes.
Empregar xampús fisiolóxicos DERMOCANIS prevén a aparición de problemas dérmicos.

PROPIEDADES E MODO DE EMPREGO
Con compoñentes específicos que respectan as condicións naturais da pel dos cans.
Trátase dun xampú suave especialmente indicado en todas as razas caninas que por diversas
circunstancias necesiten baños frecuentes, mesmo semanais (tras saídas ao campo, en verán, estados
de sucidade). Está especialmente desenvolvido para o seu uso rutineiro no lavado e acondicionamento
do pelo en cans.
Mollar o pelo e aplicar en cantidade abondo segundo tamaño do animal, espesor do pelo e estado de
sucidade. Fregar ata obter escuma. A continuación aclarar e repetir a operación ata obter unha
escuma suave e branca. Aclarar e secar, evitando as correntes de aire e ambientes fríos.

Comentarios (0)
Non hai avaliacións das clientas polo momento.