Xampú Dermocanis Pelo Longo Liso

DERMOCANIS® PELO LONGO LISO está indicado para as seguintes razas de cans e os seus cruzamentos:
Afghano, Setter, Cocker, Pastor Belga, Yorkshire terrier, Pekines, Lhassa Apso, Collie, etc

14,78 €
IVA incluido
Cantidade
Engadir á listaxe de desexos

Os xampús fisiolóxicos DERMOCANIS foron formulados por especialistas en dermatoloxía para a hixiene habitual dos distintos tipos de pel e pelo caninos, respectando a fisioloxía dérmica e xeneral do animal.
Todos eles se caracterizan por:
- Incorporar tensioactivos suaves cuxa eficacia limpadora respecta as condicións naturais da pel.
- Non conter perfumes.
- Non conter colorantes.
Os xampús fisiolóxicos DERMOCANIS non irritan a epiderme e respectan a integridade da queratina protectora do pelo.

PROPIEDADES E MODO DE EMPREGO
Contén acondicionadores e suavizantes que confiren corpo e volume ao pelo facilitando o peiteado polas súas propiedades antiestáticas. Contén derivados de ácidos graxos e substancias que devolven á pel e o pelo o seu brillo e propiedades naturais.
Mollar o pelo e aplicar en cantidade abondo segundo tamaño do animal, espesor do pelo e estado de sucidade. Fregar ata obter escuma. A continuación aclarar e repetir a operación ata obter unha escuma suave e branca. Aclarar e secar, evitando as correntes de aire e ambientes fríos.
En caso de necesitar baños cunha periodicidade superior á mensual, aconsellamos utilizar Dermocanis Champú fisiolóxico Uso frecuente.
Non bañar os cachorros antes de ser vacinados. Consulte o seu veterinario.

Comentarios (0)
Non hai avaliacións das clientas polo momento.