Urinary S/O Moderate Calorie

Indicacións:

Gatos adultos con dificultade para manter o peso ideal (esterilizados / sobrepeso / pouca actividade):

Disolución dos cálculos de estruvita.

Manexo das recidivas dos cálculos de estruvita e de oxalato de calcio. (En gatos de idade avanzada recoméndase que se realice unha comprobación da función renal antes de administrar Urinary S/O High Moderate Calorie).

25,63 €
IVA incluido
Peso: 1.5 kg
Cantidade
Engadir á listaxe de desexos

importante: en caso de cistite idiopática recorrente é preferible o alimento húmido Urinary S/O Feline.

Contraindicacións:

Xestación, lactación, crecemento.

Insuficiencia renal crónica, acidose metabólica.

Insuficiencia cardíaca.

Hipertensión.

Utilización de medicamentos acidificantes dos ouriños.

EspecificacionesDuración do tratamento:

Para a disolución dos urolitos de estruvita precísase un tratamento dietético de 5 a 12 semanas de duración. Para previr as recidivas de urolitiasis, deberase continuar o tratamento durante polo menos 6 meses, e realizar un exame veterinario. Unha vez finalizado o tratamento, recoméndase o uso de Obesity Management ou Satiety se o gato presenta sobrepeso, ou algúns dos alimentos da gama Neutered para gatos esterilizados, se o animal alcanzou xa o seu peso ideal.

Urinary S/O Moderate Calorie disolve con efectividade os cálculos de estruvita.

A dilución urinaria diminúe a concentración de cálculos de estruvita e oxalato. Un maior volume urinario tamén contribúe ao mantemento da vexiga.

O reducido contido calorífico do alimento fai posible limitar a ganancia de peso en gatos con tendencia ao sobrepeso.

Os glicosaminoglicanos (GAG) naturalmente presentes na mucosa da vexiga sa, diminúen coa cistite idiopática. Esta diminución, responsable dunha maior permeabilidade, facilita o acceso aos xermes, toxinas e ións, provoca inflamación e a estimulación de receptores sensitivos dolorosos.

Información adicional:

Urinary S/O Moderate Calorie foi especialmente formulado para o tratamento das enfermidades do tracto urinario inferior en gatos con tendencia ao sobrepeso. A fórmula permite unha redución na inxestión de calorías grazas ao seu moderado contido en graxas, mentres achega proteínas de alta calidade. O racionamento diario baséase nunha restrición enerxética e está calculado para facilitar un control exhaustivo sobre a ganancia de peso.

Comentarios (0)
Non hai avaliacións das clientas polo momento.