Rottweiler Junior

Alimento completo especial para cachorros Rottweiler, satisfai as necesidades nutricionais do cachorro dende os 2 aos 18 meses. Ten en conta as súas esixencias nutricionais específicas e axuda ao seu desenvolvemento muscular.

82,63 €
IVA incluido
Peso: 12 kg
Cantidade
Engadir á listaxe de desexos

Descripción

Desenvolvemento muscular: o crecemento é un perído longo e intenso para o Rottweiler cachorro que dura uns 18 meses. Rottweiler 31 achega cantdades controladas de enerxía e calcio para un crecemento e desenvolvemento do esqueleto óptimos. Senta as bases para uns músculos fortes e saudables como resultado da elección de proteínas LIP de moi alta calidade combinadas con L-Carnitina.

Especificacións

Seguridade dixestiva: Prebióticos, psyllium e a utilización de proteínasm LIP para unha tolerancia dixestiva óptima.

Axuda ao desenvolvemento articular: desenvolvemento correcto das articulacións grazas ao contido de EPA, DHA, condroitina e glucosamina.

Fortalece as defensas naturais: axuda a fortalecer as defensas naturais do cachorro grazas ao complexo sinérxico de antioxidantes patentado.

As siglas "L.I.P. " refírense á selección de proteínas atendendo á súa alta asimilación, cunha dixestibilidade superior ao 90%. L.I.P. é polo tanto unha garantía de moi alta dixestibilidade e de boa saúde do colon.

Comentarios (0)
Non hai avaliacións das clientas polo momento.