Kong Flyer

Disco voador flexible; fabricado en goma natural durable. O Flyer é seguro para dentes e enxivas.

11,91 €
IVA incluido
TALLA: S
Cantidade
Engadir á listaxe de desexos

Este frisbee está feito da exclusiva goma natural super resistente deKong e é o mellor disco voador para cans de goma flexible. O seu voo preciso e agarre suave fano ideal para xogar co teu amigo. É excelente para unha boa sesión de exercicio e entretemento ao aire libre.

Para evitar accidentes busca un sitio seguro para xogar, no posible sen buratos ou pedras onde o can poida mancarse. Debe ser un espazo ben grande, lonxe dos autos, árbores ou calquera outro obstáculo. Se vai moita calor leva unha botella con auga fresca para darlle cada vez que pare a descansar. Ten coidado cos saltos bruscos en cans de idade avanzada, con sobrepeso ou con problemas articulares.Frisbee para cans adultos Kong Flyer 1

Este produto non é un mordedor, senón un obxecto para cobrar. Non o uses para forcexar co can, pois isto estorba a aprendizaxe de traer algo cando llo pides. Cando empecen a xogar podes facer rodar o disco polo chan para que chame a atención do can e non chegue demasiado lonxe. Cando el o recolla, chámao para que cho traia e dálle moitas caricias e algunha lambetada para premialo. Nunca te anoxe se el non fai o que queres, ten moita paciencia e busca o xeito de entusiasmalo. Un truco para que che entregue o disco é ofrecerlle outra cousa a cambio, como outro disco ou xoguete. Se o teu can recoje o disco pero non cho trae, podes adestralo usando unha soga longa para achegalo a  cando o chamas, e sempre recorda premialo cando chega ao teu lado, aínda que fose pola forza.

Dispoñible en 2 tamaños.

Pequeno: 18 cm diámetro.
Grande: 23 cm diámetro.

Comentarios (0)
Non hai avaliacións das clientas polo momento.