Xampú Allermyl Virbac

Xampú dermatolóxico con acción limpadora, anti-irritante, reestructurante e antiséptica para atopía e outros procesos alérxicos en cans e gatos.

23,53 €
IVA incluido
Cantidade
Engadir á listaxe de desexos

Composición:
Axentes lavantes suaves - Monosacáridos / Alquilpoliglucósido (Glicotecnología Virbac) - Complexo Lipídico Cutáneo (ceramidas, ácidos graxos esenciais e colesterol) - Piroctona olamina - PH fisiolóxico - sen perfumes

Propiedades:
Allermyl xampú contén ingredientes innovadores que actúan a tres niveis: control das reaccións inmunitarias e da inflamación da pel, reforzo da integridade cutánea para manter a función de barreira epidérmica (Complexo Lipídico cutáneo) e control da proliferación microbiana (Glicotecnologia Virbac e Piroctona olamina).
A Glicotenología Virbac é unha asociación exclusiva de Monosacáridos e alquilpoliglucósido. Limita a adherencia (efecto antiadhesivo) dos microorganismos e axuda a controlar o prurito.

Indicacións:
Limpa a pel e está recomendado como tratamento complementario das enfermidades alérxicas cutáneas (especialmente a dermatitits atópica- atopía) en cans e gatos

Posoloxía:
Utilizar o tapón dosificador para calcular a dose correcta:

Cans de 0-5 kg: 10 ml.
Cans de 5-10 kg: 20 ml.
Cans de 10-20 kg: 30 ml.
Cans de 20-30 kg: 40 ml.
Cans de 30-45 kg: 50 ml.
Cans de 45 ou máis kg: 75 ml.


Modo de emprego:
Axitar antes de usar. Aplicar sobre a pelaxe previamente mollada con auga morna. Fregar enerxicamente e aclarar. Repetir e deixar actuar 5-10 minutos antes de aclarar. Repetir 2-3 veces por semana.
Precaucións:
Uso externo, evitar o contacto cos ollos. Evitar a exposición prolongada a temperaturas superiores a 30º C. Formulado para minimizar os riscos de reacción cutánea

Comentarios (0)
Non hai avaliacións das clientas polo momento.