Xampú Dermocanis Pelo Curto

DERMOCANIS ® PELO CURTO está indicado para as seguintes razas de cans e os seus cruzamentos:
Boxer, Teckel, Dobermann, Schnauzer, Braco, Dogo Alemán, Mastín, Akita Inu, Fox terrier de
pelo liso, Pointer, Chiuaua, Dalmata, Labrador, etc.

14,78 €
IVA incluido
Cantidade
Engadir á listaxe de desexos

Os xampús fisiolóxicos DERMOCANIS foron formulados por especialistas en dermatoloxía para a hixiene habitual dos distintos tipos de pel e pelo caninos, respectando a fisioloxía dérmica e xeneral do animal.
Todos eles se caracterizan por:
- Incorporar tensioactivos suaves cuxa eficacia limpadora respecta as condicións naturais da pel.
- Non conter perfumes.
- Non conter colorantes.
Empregar xampús fisiolóxicos DERMOCANIS prevén a aparición de problemas dérmicos.

PROPIEDADES E MODO DE EMPREGO
Con compoñentes específicos que respectan os condicións naturais da pel dos cans,
conservando o pelo suave e brillante. A súa especial formulación así como a súa excelente tolerancia o
fai moi axeitado para o uso en razas de pelo curto ou raso.
As razas de pelo curto ou raso deben cepillarse unha vez á semana, e bañarse cunha frecuencia non superior á mensual.
Mollar o pelo e aplicar en cantidade abondo segundo tamaño do animal, espesor do pelo e estado de sucidade. Fregar ata obter escuma. A continuación aclarar e repetir a operación ata obter unha escuma suave e branca. Aclarar e secar, evitando as correntes de aire e ambientes fríos.
En caso de necesitar baños cunha periodicidade superior á mensual, aconsellamos utilizar Dermocanis Champú fisiolóxico Uso frecuente.
Non bañar os cachorros antes de ser vacinados. Consulte o seu veterinario.

 

 

 

Comentarios (0)
Non hai avaliacións das clientas polo momento.